logo agaia            
 






      
Presentación

Galería

Enlaces

Actividades




Descargas

Intranet

Contacto















Rio Masma











ourense CHMS





Río Furelos





lugo -AdG





Seimeira Vilagocende



XXXII JORNADAS DE LA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ENTOMOLOGÍA. Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa. 1 a 3 de outubro de 2015.
    AGAIA colaborou coa Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con (USC), quen organizou as XXXII Jornadas de la Asociación española de Entomología e que se desenvolveron en Vilagarcía de Arousa entre o 1 e o 3 de outubro de 2015. Web propia

logo XXXII Jornadas AeEGALERÍA FOTOGRÁFICA






diaauga2015
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015
   A “Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA)” comunica a súa preocupación pola conservación dos ecosistemas acuáticos continentais. Co gallo da súa celebración o vindeiro domingo, 22 de marzo, a Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA), seguindo un dos seus obxectivos estatutarios de fomentar a conservación e axeitada xestión dos ecosistemas acuáticos continentais quere facer chegar á opinión pública a súa convicción de que uns ecosistemas acuáticos ben conservados son garantía de futuro. MÁIS







XORNADA DE TRABALLO SOBRE O PROXECTO DO PLANO HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. Facultade de  Ciencias - Ourense. 26 de febreiro 2015
   Co gallo da Consulta pública do borrador do Plano Hidrolóxico 2015-2021 da parte española da demarcación hidrográfica do Miño-Sil, desenvolveuse unha Xornada de traballo, dos socios de AGAIA.

chms01
chms02
chms03
chms04







ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS. Facultade de  Ciencias - Ourense. 26 de febreiro 2015.
   Na asemblea ordinaria de AGAIA celebrada o día 26 de febreiro na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, aprobouse a composición da nova Xunta Directiva por unanimidade.
   Ademais, informouse de que no vindeiro Congreso da Asociación española de Entomología, no que participará tamén AGAIA,  que se celebrará na Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC, no mes de outubro, haberá unha mesa de traballo sobre entomoloxía acuática.
   Tamén se acordou facer un newsletter/boletín, co nome de Galhidria, con periodicidade semestral, co obxectivo de darlle visibilidade á asociación e que poida servir para a publicación de resumos de teses, proxectos de investigación, convenios, etc. Este newsletter/boletín estará dispoñible na páxina web de AGAIA, e tamén se poderán editar exemplares en papel para a súa distribución entre entes interesados.

asemblea 01
asemblea 02






REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DE AGAIA. Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con" - Vilagarcía de Arousa. 21 de xaneiro de 2014
   O 21 de xaneiro de 2014 celebrouse na Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” a reunión da xunta directiva de AGAIA.
  
Na reunión falouse da necesidade de aumentar a actividade da asociación e incidiuse na necesidade de facer máis visible a asociación, mediante comunicados de prensa, colaboracións en actividades de divulgación, etc.
   Acordouse cambiar a proposta de organización orixinal e organizar este Simposio de forma independente ao Simposio do Campus da Auga da Universidade de Vigo, xa que se prefire a opción de facelo presencial e non virtual. Contribúe a esta decisión o feito de que non houbo resposta dos socios á solicitude sobre propostas de áreas temáticas. Propúxose, como posible data, o 5 de setembro en Santiago de Compostela, así como publicar un libro de resumos e posteriormente un libro de actas, convidar a algún poñente e dar un premio á mellor comunicación ou proxecto para xoves investigadores.
   No ano 2013 non se pasaron as cotas aos socios porque hai remanente suficiente para as actividades deste ano, pero insistiuse na necesidade de captar novos membros, sobre todo de áreas de humanidades.
   Por último, o presidente de AGAIA, Fernando Cobo, presentou a súa renuncia, polo que se elixiu, segundo os Estatutos (Art. 9), un presidente en funcións, saíndo escollido Jorge Dafonte ata as próximas eleccións. Así pois, segundo os Estatutos (Art. 9), ábrese un período para que se presenten candidatura.





A MODELIZACIÓN DA TERRA EN GALICIA. UNHA NOVA OLLADA SOBRE O PAÍS. Santiago de Compostela. 7 de novembro de 2013
   O Consello da Cultura Galega organiza o vindeiro día 7 de novembro con motivo da declaración do ano 2013 pola Unesco como "Ano internacional das Matemáticas para o planeta Terra" a xornada A MODELIZACIÓN DA TERRA EN GALICIA. UNHA NOVA OLLADA SOBRE O PAÍS.
   A xornada estará coordinada por Elena Vázquez Cendón, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG e contará coa presenza dos expertos Amable Liñán, Rafael Crecente, Vicente Pérez Muñuzuri, Jerónimo Puertas, Ramón Gómez Gesteira, María Loureiro, Julio Rodríguez Taboada e Juan M. Viaño Rey. Consello da Cultura Galega





III CONGRESO IBÉRICO DE CIANOTOXINAS. Blanes. 10 a 12 de xullo de 2013.
   Celébrase no CEAB o III Congreso Ibérico de Cianotoxinas, organizado conxuntamente polo CEAB e o IDAEA. O tema central será “Cianotoxinas y Cambio Global”, ó que se dedicará unha sesión especial, abranguendo desde a bioloxía molecular da produción das cianotoxinas ata os seus riscos para a saúde, incluíndo as redes de alerta-detección, sistemas de depuración e reutilización da agua. A conferencia inaugural será impartida polo Dr. Vitor Vasconcelos (CIIMAR/CIMAR e Universidade de Oporto). Congreso





XI JORNADAS DE INVESTIGACIÓN EN LA ZONA NO SATURADA DEL SUELO. Lugo. 6 a 8 de novembro de 2013.
   O grupo de referencia competitivo, GI-1716 – Proxectos e planificación; o grupo de investigación, GI-1649 – Xestión de residuos orgánicos, fertilización e ecoloxía agraria, pertencentes á Escola Politécnica Superior (Universidade de Santiago de Compostela) e a Asociación galega de Investigadores da auga organizan o próximo mes de novembro do ano 2013 as “XI Jornadas de Investigación en la Zona no Saturada del Suelo”.
   As “XI Jornadas de Investigación en la Zona no Saturada del Suelo” terán lugar en Lugo. Na seguinte dirección atoparedes toda a información sobre as mesmas http://www.zonanosaturada.com. A aplicación para inscribirse nas xornadas e enviar os resumos a través da páxina web estará dispoñible a partir do 10 de diciembre de 2012.





II SIMPOSIO AGROECOLOXÍA E GOBERNANZA DA AUGA. Casa do Saber - USC. Lugo. 5 a 7 de xuño de 2013. Tríptico. Programa










PRIMER WORKSHOP IBER. ETS Ingenieros de Caminos, Universidad Politécnica de Catalunya. Barcelona. 17 e 18 de outubro de 2012.
   O Workshop Iber pretende ser un foro para a comunicación entre usuarios e desenvolvedores do modelo Iber, aberto á participación de universidades, consultorías ou administracións públicas que empreguen o modelo Iber ou estean interesados na modelización numérica en hidráulica fluvial. Máis información





ASEMBLEA XERAL DE AGAIA. Escola Politécnica Superior - USC. Lugo. 28 de maio de 2013
   O pasado 28 de maio celebrouse a Asemblea Xeral de AGAIA na Sala de Xuntas da  da USC en Lugo. En devandita asemblea acordouse organizar diversas actividades, como cursos de formación para os socios ou ben impartidos por eles. Tamén se acordou organizar o I Congreso da AGAIA na primeira quincena do mes de setembro de 2014, para o cal nomearase un comité organizador no que tódolos grupos e campos de investigación estean representados.

Directiva Socios asistentes






I SIMPOSIO AGROECOLOGÍA Y GOBERNANZA DEL AGUA. Casa do Saber - USC . Lugo. 13 e 14 xuño de 2012
Páxina web do I Simposio.
PROGRAMA





CURSO DE VERÁN 2012. Auditorio Municipal. Vilagarcía de Arousa. 17 a 19 de marzo de 2012. PROGRAMA
  A Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” da USC en colaboración con Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA), Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA), Comercial Hospitalaria Grupo 3, s.l., Ecohydros, s.l., Espina y Delfín, s.l., Foresga, s.l., Drogallega, s.l. e Concello de Vilagarcía de Arousa realizará o curso “Aspectos ecotoxicolóxicos das floracións de cianobacterias en augas continentais”, que terá lugar en Vilagarcía de Arousa entre o 17 e o 19 de xullo de 2012.
   A matrícula poderá formalizarse por internet desde o 15 de maio e de forma presencial desde o 20 de xuño sendo o 6 de xullo de 2012 a data límite de matrícula para ambos casos. O prezo da matrícula é de 70€; pero aplícase unha taxa reducida, de 40€, a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC.
   Aos asistentes entregaráselles un diploma acreditativo por 24 horas e aos estudantes da USC que marquen a casiña correspondente ao formalizar a matrícula, recibirán 1 crédito de libre configuración.





CURSO de "MATERIALES DE REFERENCIA, PATRONES Y CALIBRACIÓN DE EQUIPOS DE ANÁLISIS DE AGUAS". Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” - Vilagarcía de Arousa. 20 de marzo de 2012
   A Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con”, en colaboración con Comercial Hospitalaria Grupo 3 S.L., HANNA Instruments e a Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA), organiza este curso que se celebrará na Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” o 20 de marzo de 2012, de 10:00 a 14:00 h.

   A matrícula, aberta ata cubrir o aforo, é de 100 € por asistente (gratuito para os socios de AGAIA) e pódese formalizar enviando os datos personais ó correo electrónico ehecusc@usc.es, ó fax 986 50 35 43, ou chamando ó teléfono 986 56 56 40. PDF





XORNADAS de SANEAMIENTO EN EL MEDIO RURAL: Procesos extensivos de depuración de aguas residuales para pequeñas aglomeraciones rurales. Pazo de Mariñans, A Coruña. 1 e 2 de decembro de 2011.
   Os obxectivos que buscan estas xornadas son ofrecer coñecementos e información actualizados sobre os principios fundamentais que rixen a eliminación de contaminantes en sistemas extensivos. Familiarizar ós asistentes cos métodos de deseño, construción e explotación de humedais. Brindar a profesionais e investigadores a oportunidade de discutir e intercambiar experiencias no campo dos sistemas extensivos, e particularmente dos humedais artificiais e os filtros de area.
PDF. Folla de inscripción. PDF





ENTREGA DE PREMIOS do II CERTAMEN DE RELATOS CORTOS “Agua y Vida” e do I CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA “Agua y Vida” Santiago de Compostela. 15 de outubro de 2011.
   O pasado 15 de outubro resolvéronse e entregáronse os premios do II Certamen de Relatos cortos "Agua y Vida" e do I Certamen de Fotografía "Agua y Vida" organizados por  El Corte Inglés Galicia, coa colaboración de Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia), a Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” (USC), e a Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA). A resolución dos premios
deuse a coñecer na Aula de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, desde as 20:00, coa lectura das actas dos xurados, de cada certame, e a posterior entrega de premios ós agraciados. PDF ECG





XORNADAS sobre SISTEMAS DE SANEAMIENTO: Actualidad y futuro. v2.0. A Coruña. 21 a 23 de setembro de 2011.
   Hai 10 anos o Grupo de Ingeniería del Agua y del Medio Ambiente desenvolveu as primeiras "Jornadas sobre Redes de Saneamiento. Actualidad y Futuro", que foron pioneiras en España na análise e valoración das problemáticas da xestión da contaminación en sistemas de saneamento e drenaxe en tempo de chuvia. Dez anos despois presentamos unha nova edición na que será analizada a planificación e explotación dos sistemas actuais, e os próximos retos para definir as novas estratexias integradas de xestión da contaminación tanto de tiempo seco como de tempo de chuvia. PDF





II CERTAMEN DE RELATOS CORTOS “Agua y Vida”
   Ámbito Cultural El Corte Inglés, coa colaboración de Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia), a Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” (USC), e a Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA), convocan o II Certamen de relatos cortos “Agua y Vida”, que se cinguirá ás seguintes bases. PDF





I CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA “Agua y Vida”
   El Corte Inglés Galicia, coa colaboración de Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia), a Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” (USC), e a Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA), convocan o I Certamen de Fotografía “Agua y vida”, como actividade complementaria ó II Certamen de relatos cortos “Agua y Vida”, que se cinguirá ás seguintes bases. PDF






XORNADA DE TRABALLO SOBRE O BORRADOR  DO PLANO HIDROLÓXICO GALICIA - COSTA. Lugo. 26 de xaneiro de 2011
  
O pasado día 26 de xaneiro desenvolveuse na Escola Politécnica da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo) a Xornada de traballo sobre o borrador do Plano Hidrolóxico Galicia - Costa. Nesta mesa fíxose un documento alegativo que se entregou a Augas de Galicia.







XORNADA DE TRABALLO SOBRE O BORRADOR DO PLANO HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. Ourense. 16 de marzo de 2011
   O pasado día 16 de marzo desenvolveuse na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) a Xornada de traballo sobre o borrador do Plano Hidrolóxico Miño-Sil. Nesta mesa fíxose un documento alegativo que se entregou á Confederación Hidrográfica do Miño - Sil.