logo agaia            
 






      
Presentación

Galería

Enlaces

Actividades




Descargas

Intranet

Contacto
















Novas
AGAIA patrocinará o curso de verán da USC:
"A ictiofauna doceacuícola como indicadora do estado ecolóxico segundo a Directiva europea Marco da Auga no contexto da Agrobioloxía"
O curso celebrarase no Centro de Interpretación das Terras do Miño, na cidade de Lugo os días 13, 14 e 15 de xuño de 2017.
Ten como finalidade encher o baleiro que supón que en moi raras ocasións os estudantes ou profesionais da Bioloxía e Ciencias Ambientais ou os técnicos medioambientais teñan a oportunidade de aprender a metodoloxía básica para a diagnose do estado ecolóxico das masas de auga, considerando os modelos agrícolas e os usos do solo como axentes causais das características biolóxicas amosadas polas comunidades de peixes doceacuícolas.


AGAIA suscribe o manifesto "Ríos sin barreras" da Sociedade Ibérica de Ictioloxía (SIBIC)

Dende AGAIA suscribimos o manifesto elaborado pola SIBIC no que se reivindica a acción das administracións competentes en materia de auga para restaurar a conectividade ecolóxica nos ríos e a posta en marcha de todas aquelas accións de restauración e adecuación medioambiental encamiñadas a permeabilizar os obstáculos artificiais que os fragmentan e, en especial, a sua demolición total ou parcial.
 
Aquí o manifesto completo

AGAIA patrocina o 5CIC
AGAIA patrocina o 5º Congreso Ibérico de Cianotoxinas e o 1º Congreso Iberoamericano de Cianotoxinas que terán lugar en Lugo os días 17, 18 e 19 de xullo de 2017.

Estes congresos son organizados pola Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con" e polo grupo de investigación de Toxinas Mariñas do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela.

Para máis información: Páxina web do Congreso



AGAIA subscribe o Manifesto en defensa do multilingüismo científico
AGAIA apoia a Petición existente en CHANGE.ORG dirixida á Presidenta de la Comisión Europea de Cultura y Educación, ó Presidente de la Comisión Europea de Industria, Investigación y Energía, ó Presidente do Consello Europeo de Ciencia e ós respectivos representantes en España. Manifesto e petición


Pacto de París sobre el agua y la adaptación al cambio climático en las cuencas de los ríos, lagos y acuíferos
AGAIA acaba de asinar o "Pacto de París sobre el agua y la adaptación al cambio climático en las cuencas de los ríos, lagos y acuíferos". Este compromiso avoga por unha xestión racional e ecosistémica dos recursos hídricos para contribuír a facer fronte ao cambio climático. Pacto de París - Sinatura de AGAIA - Máis información


I Xornadas Manexo do Solo e Aforro de Custes Enerxéticos en Agricultura e Regadío
Os próximos días 21 e 22 celebraranse na Escola Politécnica Superior de Lugo as I Xornadas Manexo do Solo e Aforro de Custes Enerxéticos en Agricultura e Regadío, as cales organizan o grupo Hidráulica-Hidroloxía (USC) e a Consellería de Medio Rural e nas que AGAIA colabora. Máis


XXXII Jornadas de la Asociación española de Entomología
AGAIA colaborou coa Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con (USC), quen organizou as XXXII Jornadas de la Asociación española de Entomología e que se desenvolveron en Vilagarcía de Arousa entre o 1 e o 3 de outubro de 2015. Máis


Resposta ás Alegacións ó Borrador
do Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2015-2021

RESPOSTA da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ás alegacións ó Borrador do Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2015-2021 presentadas pola Asociación galega de Investigadores da Auga.


Alegacións ó Borrador
do Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2015-2021
A Asociación galega de Investigadores da Auga vén de presentar as ALEGACIÓNS ó Borrador do Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2015-2021 redactadas tras a Xornada de traballo celebrada con motivo da Consulta pública do Proxecto do Plano Hidrolóxico 2015-2021.



Asemblea 2015
26/02/2015 - Ourense. Asemblea Xeral de Socios. Desenvolveuse na Fac. de Ciencias (UVIGO) máis

PHMiño-Sil
26/02/2015 - Ourense. Xornada de traballo sobre o P. H. Miño -Sil 2015-2021 máis

dia mundial auga
19/03/2015 - Santiago de Compostela. Día Mundial da Auga - Auga e desenvolvemento sostible máis

modelizacion
01/11/2013 - Santiago de Compostela. A modelización da terra en Galicia. Unha ollada sobre o país. 7 de novembro de 2013 máis

ciano
15/02/2013 - Blanes. III Congreso Ibérico de Cianotoxinas. 10 a 12 de xullo de 2013 máis

agroecoloxía
08/02/2013 - Lugo. II Simposio Agroecoloxía e gobernanza da auga. 5 a 7 de xuño de 2013 máis

simposio agroeco
10/12/2012 - Santiago. Resposta ao Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica y de Innovación
2013-2016
máis