Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación

O noso laboratorio está situado na EUET Forestal da Universidade de Vigo (Galicia, España). O director do laboratorio é Adolfo Cordero Rivera.

Na actualidade a principal das nosas liñas de investigación céntrase na selección sexual, e para o estudio e investigación da mesma, eleximos odonatos como organismos modelo. Outros campos de interese das nosas investigacións son a evolución do polimorfismo da coloración das femias, o control biolóxico de pragas e a ecoloxía da conservación. Estamos na actualidade inseridos en muitos proxectos que empregan odonatos como organismos modelo e, ao mesmo tempo, encargámonos das ensinanzas universitarias da Ecoloxía e Bioloxía da Conservación para os estudantes de Enxeñaría Forestal.

Resumo de proxectos en curso ou ben xa finalizados pero ainda activos:
  • Título do proxecto: “Sexual selection and the evolution of mating strategies in odonates (ODOEVO)“. Financiado por: Ministerio de Ciencia e Innovación, CGL2008-02799. 2009-2011. Orzamento: 149.677 €. Investigador principal: Adolfo Cordero Rivera.
  • Título do proxecto: “Mimetic coloration in the Damselfly family Polythoridae (Odonata: Zygoptera): anti-predator strategies in a novel taxonomic group“. Financiado por: Ministerio de Educación y Ciencia, PCI2006-A7-0639. 2007-2008. Orzamento: 15.590 €. Investigador principal: Christopher D. Beatty.
  • Título do proxecto: “Ecological integration and impacts of eucalypt plantations“. Financiado por: Xunta de Galicia (08MRU024371PR). 2008-2011. Orzamento: 94.072,30 €. Investigador principal: María Calviño Cancela.
  • Título do proxecto: “Teledetection of invasive species with image spectrography T(EI)2“.
””

Enderezo:

”Grupo

””
datos_contacto_home_es
Adolfo Cordero Rivera, head of Laboratory.